“O exilio é unha tatuaxe” en Corpo de Antiochia

Categoría: Nova

A semana pasada, o semanario Sermos Galiza publicaba unha breve recensión de Daniel Salgado a propósito de Corpo de Antiochia, o último poemario de Tamara Andrés.
“O poema como exploración dun eu radical. O intimismo que dialoga coa devastación (tamén social, tamén política) arredor. O xogo entre a dicción e o silencio. O mar e o seu mundo como mecanisma simbolizador”, todo isto atopamos neste novo libro de Tamara Andrés que achega unha “xeografía condicionada polo confesionalismo norteamericano”.
Podes descargar a recensión ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email