O escritor Francisco Castro incorpórase ao equipo de Editorial Galaxia

Categoría: Nova

O autor vigués leva moitos anos traballando no eido da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concurrida bitácora "A canción do naúfrago".

A súa carreira como escritor comezou no ano 1991 coa publicación de Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), o libro de relatos eróticos Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), os relatos de A canción do náufrago, ambos de 2001, e a novela histórica Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam. Como articulista, recibiu o Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura.

En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros co texto titulado As palabras da néboa, do cal o xurado salientou "un discurso narrativo orixinal cunha proposta novidosa de novela histórica".

Comparte nas túas redes sociais ou por email