O Culturgal 2019 xa está aquí!

Categoría: Nova

Culturgal é a Feira das Industrias Culturais de Galicia. Trátase dunha cita de referencia que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días preséntase un programa de actividades dun total de máis de cen actos e actividades construido coas propostas de empresas, artistas e institucións. Milleiros de persoas gozan cada ano deste evento que, cunha entrada a prezo popular, permite descubrir que é o se fai e que é o que vai vir no ámbito cultural en Galicia. Culturgal conta co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Cultura.
Como cada ano, a Editorial Galaxia estará presente neste encontro imprescindible achegando a súa proposta máis fresca.
Programación Culturgal 2019:
 
Venres 29 de novembro:
19:45 ESPAZO LIBRO
Presentación/debate dos dous últimos títulos da colección Feminismos.
Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (contruíndo) masculinidades disidentes de Jorge García Marín e Mulleres que (nos) dan que pensar de África López Souto. Presentado por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
 
Sábado 30 de novembro:
12:00 ESPAZO LIBRO
Herba de namorar de María do Cebreiro.
Presentación do último poemario da escritora, acompañada por Malores Villanueva (Editorial Galaxia)
16:30 CARPA
Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas de Xoán Curiel.
Un espectáculo familiar ao redor dos relatos populares e cancións recollidas por Fraguas. Recomendado entre 6 e 12 anos.
18:00 STAND DE GALAXIA
Sinatura de A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada.
19:00 STAND DE GALAXIA
Sinatura de Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930 de Miguel Anxo Seixas Seoane.
19:45 ESPAZO INFANTIL
A fraga do meu avó. Mamá Cabra.
A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e de todas.
20:00 STAND DE GALAXIA
Sinatura de Troglo & Dita de Alfonso Barreiro.
20:30 ESPAZO LIBRO
Conversa entre Gonzalo Hermo, Premio de Narrativa Breve Repsol 2019 con Diario dun enterro e Berta Dávila, Premio García Barros 2019, con Carrusel. Presenta Carlos Lema, director de edicións de Galaxia.
 
Domingo 1 de decembro:
13:00 STAND DE GALAXIA
Sinatura de Os anxos indecisos de Manrique Fernández e Hotel para coleccionistas discretos de Diego Giráldez.
13:15 ESPAZO INFANTIL
A que cheiran as cores de Juan Casto Rivadulla Fernández.
A agardada guía para coñecer o cerebro! Presentación con Luísa Martínez, directora da colección “A lanterna de Aristóteles”, e Xulio Amigo, director comercial de Galaxia.
17:00 ESPAZO LIBRO
Conversa de Susana Pedreira con Arantza Portabales ao redor de Beleza vermella.
17:00 STAND DE GALAXIA
Sinatura de Soleando de An Alfaya, ilustrado por Imma de Battle.
17:30 CARPA
O veleiro verde de María Fumaça.
Novo disco da familia María Fumaça e van de presentación á Feira!
19:00 ESPAZO LIBRO
Conversa entre Adolfo Caamaño, Premio Vilar Ponte de Novela 2018 con Matar o heroe e Abel Tomé, Premio Illa Nova de Narrativa 2019 co libro A noite do lobo. Presenta Malores Villanueva (Editorial Galaxia).

Comparte nas túas redes sociais ou por email