Castelao está nos corazóns de todas e de todos os galegos. Probablemente vai ser difícil que na historia do noso país volva darse talentos tan concentrados como os que atesourou o rianxeiro: pintor, escritor, ensaísta, etnógrafo, literato, político… unha vida dedicada ao país, en definitiva, engrandecéndoo tanto dende o punto de vista creativo como no social a través da súa actividade nacionalista.
Sería difícil destacar unha das súas obras por enriba das outras, pois son moitas as que gozan do favor entregado das lectoras e lectores. Mais hoxe traemos aquí o seu clásico OS DOUS DE SEMPRE, pois estes días chega unha nova reimpresión ás librerías.
Castelao, sempre no corazón.
De todas e de todos.
Tamén nos andeis, sorprendénos, na súa grandiosidade, resistindo ao tempo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR