Castelao destacou en todas as frontes nas que se situou. Como escritor, poucas pezas hai igualables ás súas COUSAS. Como político, como deseñador, dramaturgo… Este país non se entende sen el.
Entre os seus moitos e célebres traballos, na nosa Editorial temos no catálogo o álbum NÓS, traballo excelso e emblema dun xeito de entender a arte posta ao servizo das ideas de país ao tempo que retrato sólido dunha Galicia que pulaba por mudar de vez.
Estes días volve ás librerías este fermoso álbum que publicamos no seu formato grande para meirande gozo de todas e de todos os que o adquiran.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR