Novo galardón para O MEU PESADELO FAVORITO de María Solar

Categoría: Nova

Logo de facerse co Premio Lazarillo e entrar na exquisita e esixente selección dos White Ravens,O MEU PESADELO FAVORITO, de María Solar ilustrado por María Lires, vén de ser recoñecido co Premio Fervenzas Literarias 2015 que conceden as lectoras e lectores da revista literaria na rede.
Dende a familia da Editorial Galaxia celebramos este premio, un máis, para unha autora excepcional que soubo construír unha historia inesquecible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email