Novidade editorial: Tres estudos para un poema da cidade de Antón Blanco

Categoría: Nova

Estes días comezará a chegar ás librarías Tres estudos para un poema da cidade o novo poemario de Antón Blanco Casás.
Este novo libro, Tres estudos para un poema da cidade, debería entenderse dentro dun xogo de trindades, un tríptico que encarna un feito común para as diversas figuras e, ao tempo, vela para que permanezan separadas, non resoen. Non se trata dun poema tripartito senón que presenta tres conxuntos de anotacións para un mesmo texto indivisible. Unha voz que se afasta do lírico sen rexeitalo, buscando recursos na poesía épica e no ensaio antropolóxico. A vista sitúase nun lugar privilexiado, dotada de utensilios que lle permiten transitar as dimensións da cidade. E, así e todo, a perspectiva faise táctil para perder a finalidade económica da visión individual.
Antón Blanco Casás (Vilagarcía, 1996), autor do poemario A oseira (2016), participou nas antoloxías No seu despregar (2016) e 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017).

Comparte nas túas redes sociais ou por email