Novidade editorial: O monstro de Ille de Jorge Emilio Bóveda

Categoría: Nova

Estes días chegaba ás librarías O monstro de Ille, a última novela de Jorge Emilio Bóveda publicada na colección Costa Oeste. Unha novela escura sobre un tempo escuro no que todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. Esta é a historia de tres mulleres ás que a historia e a ignorancia van pasar por enriba, esnaquizándoas. Tamén é a historia dun instante en que a Fe e a Ciencia chocan violentamente. Un crebacabezas cheo de intensidade, de violencia e de agochos misteriosos. Non a deixes escapar!

Comparte nas túas redes sociais ou por email