Novas edicións para O PRINCIPIÑO

Categoría: Nova

O PRINCIPIÑO de Antoine de Saint_Exupèry foi traído ao galego por Carlos Casares no ano 1972. Dende aquel intre, non deixou de ser reeditado constantemente, en moitos formatos, algo que, a Casares, sen dúbida, tamén lle agradaba pois de todos é sabido que foi un grande coleccionista de edicións do mundo desta novela. Na Editorial Galaxia podémonos achegar ao libro nun formato grande, en tapa dura, ou no máis popular de peto.
En calquera caso, estes días levamos ás librerías novos exemplares en todos os formatos porque, ano a ano, non deixa de renovarse a familia lectora desta historia dun cativo que sabe que unha flor é importante non por ser unha flor, senón por ser a súa flor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email