Nova edición para A VOZ DO LAGO

Categoría: Nova

Estes días saiu do prelo a terceira edición da obra de Antón Riveiro Coello, 'A voz do lago' que publicamos na nosa Colección Árbore 12 anos.
Estamos diante dunha historia con dúas protagonistas femininas: Irene e María. Irene é unha nena que vive nunha pequena vila a onde irá vivir María coa súa familia, xa que o pazo vai ser herdado pola súa familia. Mais esta María non é unha moza calquera, senón que estamos a falar da poeta María Mariño.
O libro ofrécenos unha trama plena de intriga e historias cruzadas que se resolverán cara ao final grazas ao traballo destemido das dúas mulleres. Polo medio, o amor, as sereas e moitos personaxes engaiolantes que explican o éxito desta novela do autor de 'Laura no deserto'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email