Xoán Curiel e a Banda do Verán con A casa do terror e Olga Brañas con Pitusa Semifusa e os estilos musicais son dous dos nominados na categoría de música infantil na sexta edición dos Premios Martín Códax da música.

Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego. Están divididos en 15 categorías e tres Premios Organistrum. Ademáis, entrégase tamén un Premio Honorífico á carreria dun músico galego, neste caso ao estradense Carlos Barruso.

Os socios de Músicas ao vivo foron os encargados de decidir cales serían os proxectos finalistas dun total de 442 obras musicais. Agora será un xurado secreto integrado pr profesionais do sector o que escollerá os gañadores, que se coñecerán durante a gala que terá lugar o próximo 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A casa do terror, de Xoán Curiel xunto coa Banda do Verán é un libro-CD no que os monstros e as pantasmas cobran protagonismo nunha aventura na que o lector fará uns amigos de medo. A porta aberta a un mundo no que te sacarán a bailar e te farán rir e disfrutar. Por outra banda, Pitusa Semifusa e os estilos musicais, de Olga Brañas, é unha obra na que coñecer máis en profundidade distintos estilos musicais. Pasando polo blues, o reggae, o funky, o swing, o hip hop… Non pararás de cantar e bailar!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR