No Entroido, todos estranxeiros

Categoría: Nova

Hoxe comeza o entroido e os nenos e as nenas, pero tamén moitos adultos, decláranse por uns días alleos a eles mesmos, estraños de si propios, dispostos a, máscara na cara, ser outros, xogar o xogo feliz do cambio, asumindo outros roles, pescudando outros xeitos de ser, atrevéndose a ver o mundo cos ollos da diferencia, do que non é sempre igual o de todos os días.
O entroido é a oportunidade para que os serios sexan riseiros, para que os tímidos boten un baile, para que a esperanza da tolemia máis ou menos controlada se instale nas rúas, nas prazas e nas casas.
O entroido é o baile de máscaras de centos de milleiros de corazóns que queren ser os que non son para ser, precisamente, quen quixeran ser.
(A imaxe pertence á contracuberta do libro 'O Entroido' publicada pola nosa editorial)

Comparte nas túas redes sociais ou por email