No aniversario de Rosalía de Castro

Categoría: Nova

Onte estivo de aniversario Rosalía de Castro, o que quere dicir que, dalgunha maneira, todos o estamos. O noso Rexurdimento literario arranca con ela, cos seus versos na lingua nosa que, a día de hoxe, siguen máis vivos ca nunca.
A poesía de Rosalía de Castro sempre foi, pero hoxe tamén, un exemplo de completa modernidade. Entroncou, no seu día, cos grandes movementos e correntes románticas que anegaban Europa dun novo xeito de dicir. Pasado o tempo, achamos nas súas temáticas, na música interna de todos e cada un dos seus poemas, signos dunha modernidade e dunha actualidade realmente abraiante.
Daquela, un día para reivindicala e, como diciamos ao comezo destas liñas, reivindicarnos, orgullosos e orgullosas de nós, con ela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email