A National Library of Ireland fala de Galaxia

Categoría: Nova

No pasado número da revista da National Library of Ireland, a Editorial Galaxia e o seu presidente Antón Vidal Andión foron mencionados como recoñecemento pola exitosa tradución do Ulises de James Joyce ao galego. A novela, publicada no ano 1922, saiu do prelo nunha nova tradución para o galego no ano 2013 da man do equipo formado por Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle.
A obra, pertencente á colección de Clásicos Universais da editorial, foi premiada en diversas ocasións con galardóns como o Premio Fervenzas literarias ao Mellor Libro Traducido, o Premio da AELG á Mellor Tradución e o Premio Nacional de Tradución que outorga o Ministerio de Cultura, un dos máis altos galardóns que existen nese eido.
Con esta mención, a National Library of Ireland decidiu incluir esta innovación de Galaxia entre as doacións máis importantes recibidas ao longo do 2016.

Comparte nas túas redes sociais ou por email