Mañá ás cinco e media, na Biblioteca da Fundación Caixagalicia (rúa Frei Rosendo Salvado) celebrarase unha rolda de prensa para dar a coñecer a colección 'Musicontos' que hai uns meses tirou do prelo tres títulos de Xosé A. Neira Cruz que recrean algúns dos contos tradicionais. 'O prodixio dos zapatos de cristal' (ilustrado por Rodrigo Chao), 'O debut de Martino Porconi' (por Federico Fernández) e 'Un bico de amor e vida' (por Enjamio) son os tres primeiros títulos desta colección na que o traballo musical da Real Filharmonía de Galicia baixo da dirección de Maximino Zumalave, así como das voces das actrices Teresa Santamaría, María Inés Cuadrado e do actor Paco Barreiro, conxugáronse para botar a andar un proxecto que xa ten recibido algúns recoñecementos internacionais.

No acto para a prensa participarán representantes do Consorcio de Santiago e da Editorial Galaxia, ademais do autor dos textos e os ilustradores.

Acto seguido, procederase á inauguración da mostra das ilustracións que Rodrigo Chao preparou para 'O prodixio dos zapatos de cristal' para, despois, comezar unha sesión de Contacontos a cargo de Ana Carreira. Estas sesións repetiranse os dous seguintes martes sempre ás 18.30 horas.

A exposición, que poderá visitarse ata finais de outubro, permitirá a quen se achegue escoitar o CD que acompaña este libro para así poder gozar dunha singular experiencia de unión entre literatura, música, arte e narrración.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR