Esta obra, como aclara o propio autor nunha nota introdutoria, non é un libro técnico para aprender a pescar troitas nin unha obra literaria. É, segundo o profesor Moralejo, "un libro escrito no río, vivencias, ocorrencias, experiencias e outras encias da mañá pasada no Tambre ou en Pontedeume, o día que picaron ou que non, e de reflexivo non ten nada".
Pero recoñece que contén moitas observacións, denuncias incluso de como está o río, como se atenta contra del, contra a natureza. Asegura que fronte ao pracer da pesca, "teño unha experiencia bastante triste do río como medio ambiente, e podo berrar alto que é unha vergoña que todo espazo utilizado por unha familia para unha merenda, acaba cheo de lixo". Nese sentido di que a situación empeorou nestes vintecinco anos, igual que os vertidos ás augas dos ríos.
A revisión a esta versión afectalle fundamentalmente á ortografía do galego, e a ampliación está en novos textos aparecidos en castelán nas páxinas de La Voz de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR