Mércores de presentacións

Categoría: Nova

Á volta do Culturgal a actividade da Editorial Galaxia vai seguir sendo moi intensa. Así, o mércores 9 de decembro, e tras a ponte da Constitución, a nosa editorial ten preparadas dúas presentacións de dous libros ben diferentes pero que poden ser perfectos para agasallar neste Nadal.
Por unha banda, a reposteira do programa da TVG, LARPEIROS, presentará o seu novo receitario titulado NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ, ás 19.3 h. na Libería Nobel de Pontevedra acompañada do editor Francisco Castro.
Por outra banda, Betanzos será, ás 20 horas, o escenario escollido por Manuel Portas para presentar a súa nova novela, Premio Manuel García Barros de Novela 2015, 'Lourenço xograr'. Será na Librería Biblos e na compaña do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email