María López Sández e Francisco Castro falarán de literatura en Alemaña

Categoría: Nova

O Europäisches Festival des Debütromans 2014 que se celebra en Kiel (Alemaña) é unha das citas literarias máis interesantes das que se celebran no vello continente e que convoca a escritoras e escritrores europeos para interactuar, coñecerse, participar en mesas redondas nas que falar sobre as súas obras, partillar espazos co alumnado universitario…
Dende o mércores ata o domingo, a escritora María López Sández e o escritor Francisco Castro participarán nos actos do Festival.
A literatura e a edición galegas escoitaranse, con toda a súa forza e vigor, nesta cita de palabras, culturas e eses soños compartidos que conforman os libros todos do mundo. Os libros en galego, tamén.

Comparte nas túas redes sociais ou por email