María do Carmo Kruckenberg finou este sábado en Vigo

Categoría: Nova

O pasado sábado á mañá coñeciamos a triste nova do pasamento da poeta galega María do Carmo Kruckenberg, unha das voces máis libres e potentes da poesía galega de todos os tempos. Onte domingo, logo dunha breve cerimonia relixiosa, no tanatorio de Pereiró celebrarouse unha homenaxe cívico-poética na que se escoitou, máis unha vez, a súa palabra e os seus versos.
A poeta viguesa morreu tranquila e sen dor, coa mesma calma coa que sempre soubo vivir a súa vida arrebatada e plena. A investigadora Mercedes Queixas Zas soubo contarnos mellor ca ninguén esa vida grande no seu libro 'Vivir, unha aventura irrepetíbel", obra na que, partindo dese verso da poeta, e escrito man con man con ela, se nos permite viaxar ao longo dunha biografía apaixonante de xeografías, libros, amores e aventuras que hoxe, na véspera do Día das Letras, chegou á súa fin.
Agora queda a súa poesía. Esa non vai morrer nunca.

Comparte nas túas redes sociais ou por email