Manuel Núñez Singala, premio Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

Esta mañá de martes fallouse, na Festa da Lingua, no Pazo de Congresos de Pontevedra, unha nova edición do Premio Frei Martín Sarmiento que recoñece, a xuízo de varios milleiros de alumnos e alumnas participantes no proceso de selección, lectura e valoración, as obras mellores do ano pasado.
O gañador, na categoría de mellor obra do ano para os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO foi 'Menú de enganos' de Manuel Núñez Singala. Os outros dous finalistas eran 'Settecento' de Marcos Calveiro (Xerais) e 'O segredo de Marco Polo' de Francisco Castro (Galaxia).
O autor amosouse moi contento no intre de recoller o premio, 'sobre todo porque é un premio que non dá ningunha institución nin os críticos literarios, senón vós, os destinatarios do libro'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email