Mamá Cabra na Coruña

Categoría: Nova

Na cidade herculina o ano comezará coa proposta musical máis esperada, a actuación de Mamá Cabra interpretando os temas pertencentes ao seu novo traballo, asinado con Susa Herrera, e que vimos de publicar en Galaxia, 'Cartas que veñen e van'.
O concerto será no Forum Metropolitano e as entradas oscilan, para os dous pases das 17 e as 19 horas, entre os 6 euros para entrada individual ao bono familiar, de tres entradas, de 15 euros.
Un espectáculo de música e baile ao que todos os nenos e nenas están convidados a participar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email