Mamá Cabra en Compostela

Categoría: Nova

Compostela acolle por primeira vez dous espectáculos de 'Mamá Cabra' o día 9 de marzo.
Pola mañá 'Cartas que veñen e van' e logo á tarde 'Bicos de Música'.
Por partida dobre chega Mama Cabra á capital galega. O exitoso grupo de música para todos os públicos chega ao Teatro Principal compostelán para presentar alí -e por primeira vez- as súas propostas de lecer destinadas a público infantil e familiar.
As entradas xa poden mercarse e pode adquirirse un bono familiar de 4 entradas ao prezo de 3.
Será ás 12:30 do mediodía cando o grupo fará voar a imaxinación dos e das pequenas cos temas do libro-disco, 'Cartas que veñen e van', traballo que asinan con Susa Herrera.
Xa pola tarde Mamá Cabra proponnos 'Bicos de Música', unha proposta tamén de grande calidade cun ton marcadamente cómico.
Para poder asistir ás representacións cómpre mercar entradas, que están á venda a un prezo de 5 euros na billeteira do Teatro Principal de Compostela de martes a sábado con horario de 18 a 21 horas, así como o propio día da función. Ademais, para as familias existe un bono co que poder mercar catro entradas ao prezo de 3.
A posta en marcha de ambas as dúas actuacións conta coa colaboración do Consorcio de Santiago, a editorial Galaxia -responsable da edición en papel de 'Bicos de Música' e 'Cartas que veñen e van'- a produtora Merlo Branco e o Concello de Santiago.

Comparte nas túas redes sociais ou por email