O Taboleiro do libro galego volve un mes máis, nesta ocasión da man de Cicloxénese Explosiva, despois de que durante moito tempo Ramón Nicolás o confeccionase. Os lectores e as lectoras galegas escollen obras da Editorial Galaxia para gozar de historias, de poesía e dunha gran biografía como a de Rosalía de Castro.

O libro máis vendido de narrativa é Os nenos da varíola de María Solar e en ensaio Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) de María Xesús Lama. E entre as historias que engaiolan Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva, Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira, A soidades das medudas, de Iria Collazo e Vento ferido de Carlos Casares. En poesía Na casa da avoa de Marta Dacosta é dos poemarios destacados.

Encántannos que os libros da Editorial Galaxia fosen tendencia en abril! Grazas por escollernos!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR