Se hai uns días celebrabamos que 'Novas receitas da cociña de Larpeiros' sobrepasara os 25.000 exemplares vendidos, agora estamos felices de informar de que veñen de entrar nos nosos almacéns novas edicións dos outros dous receitarios de Benigno Campos.
'Volve a cociña de Larpeiros' coñece agora a súa cuarta edición, mentres que 'A cociña de Larpeiros' chega xa á número 13. Este segundo caso é aínda máis espectacular se reparamos en que estamos falando dun libro editado a mediados de 2009 e que non deixa de venderse, por miles, ano tras ano.
Daquela, o fenómeno editorial Benigno Campos segue funcionando a pleno rendemento. Sobre todo e como mantemos sempre, pola filosofía que inspira a súa cociña: produtos galegos de calidade e receitas tradicionais do país.
Que sigan os larpeiros. Que sigan.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR