Libros predilectos polos máis novos e novas

Categoría: Nova

Será en Abril, durante a celebración da Festa da lingua, cando se saberá quen son os gañadores este ano nas distintas categorías do prestixioso premio Frei Martín Sarmiento, un bonito galardón organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas e no que rematan participando arredor de 25.000 escolares de todo o país.

Nesta edición, son varios os libros da nosa editorial que están situados como finalistas e, xa que logo, como os escollidos como algúns dos mellores do ano.

De seguido, a relación completa por categorías:
2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP):
MANUEL JANEIRO por A abella abesullona
4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO):
FRANCISCO CASTRO por Chamádeme Simbad
5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO)
CARLOS VILA SEXTO por As sete mortes
6ª CATEGORÍA (BACHARELATO e ADULTOS):
DOMINGO VILLAR por A praia dos afogados
XOSÉ MONTEAGUDO por Un tipo listo
Na ligazón da dereita podedes acceder ao blog do premio e ampliar a información.

Comparte nas túas redes sociais ou por email