Kazuo Ishiguro Premio Nobel de Literatura 2017

Categoría: Nova

O Premio Nobel de Literatura é a consagración definitiva na carreira dun escritor e este ano esa distinción foi parar no británico, de orixe xaponesa, Kazuo Ishiguro. O xa gañador do Man Booker Price en 1989, é un dos autores máis destacados en lingua inglesa e, por esta razón, na Editorial Galaxia apostamos no seu día pola tradución de dous títulos seus.
Non me deixes nunca é unha das súas grandes novelas, foi Premio Novela Europea Casino de Santiago en 2006. É a historia dun destino inesperado, dun fado arrepiante que pon de relevo a fraxilidade do ser humano fronte a un mundo aparentemente feliz.
O outro título que podemos atopar en galego no noso catálogo é Nocturnos, un excepcional libro de relatos escritos co pano de fondo do luscofusco e o resón de melodías musicais memorables.
O amor, o paso do tempo, a música, a fraxilidade do ser humano fronte a un mundo aparentemente feliz, son algúns dos fíos cos que tece a súa obra acompañándoos dunha maneira de narrar moi oriental.
Prosa sublime que podemos gozar en galego!

Comparte nas túas redes sociais ou por email