Jordi Sierra i Fabra, de quen Galaxia ofrece un mollo de obras no seu Catálogo, é un dos autores máis lidos nos nosos colexios e institutos. Mais non só en Galicia, senón que os seus libros gozan de recoñecemento en todo o mundo.
Onte recibiu o coñecido como 'Cervantes chico', ou 'Pequeno Cervantes', un galardón co mesmo espírito que o Cervantes pero centrado na Literatura Infantil e Xuvenil.
Jordi Sierra i Fabra recibiu onte este prestixioso galardón despois de ter chegado xa a dez millóns de lectores de todo o mundo, nun acto como a calquera autor de Literatura Infantil e Xuvenil agrada, rodeado de case que trescentos escolares, lectores da súa obra, que quixeron tamén, onte en Madrid, sumarse á homenaxe celebrada no teatro Cervantes de Alcalá de Henares.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR