J. K. Rowling, I Premio Hans Christian Andersen

Categoría: Nova

A escritora británica J. K. Rowling, autora dos sete libros da saga Harry Potter que publica a nosa editorial, gañou onte o primeiro premio Hans Christian Andersen de literatura.

O galardón, outorgado pola fundación privada que leva o nome do escritor danés de contos, distingue autores cuxa obra estea vinculada dalgún xeito á de Andersen. Rowling recibirá 67.000 euros o vindeiro 19 de outubro como recoñecemento a un traballo no eido da literatura infantil e xuvenil que ten chegado a millóns de lectores e lectoras en todo o mundo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email