Iria Collazo López arrasou na súa presentación en Vigo

Categoría: Nova

O pasado sábado, a escritora de Barro, Iria Collazo López colleitaba o que intuímos vai ser o primeiro de moitos éxitos literarios, en Vigo, na presentación da súa primeira novela, publicada na nosa colección Costa Oeste, COMA UNHA ÁNCORA. Acomapañada do editor Francisco Castro, que explicou as claves da novela, a escritora foi desmiuzando os personaxes e as súas fontes de inspiración para este libro que é moito máis ca unha historia de amor.
Axiña se entendeu que as cadeiras da carpa da Feira non habían chegar para acoller ao numerosísimo público que quixo acompañar á escritora na presentación desta novela que está destinada a ser unha das revelacións do presente ano literario.
No noso blogue deixamos un pequeno álbum de fotos da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email