Inaugúrase o Salón do Libro de Pontevedra

Categoría: Nova

Onte e o sábado, as familias de Vigo gozaba do espectáculo 'Ola, ola, la!', de Mamá Cabra, e que nace dun libro-disco-DVD no que, ademais das cancións, podemos ler un conto da escritora Gloria Sánchez, figura referencial da nosa literatura infantil e xuvenil e que é homenaxeada nesta edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Así, unha parte do Salón está dedicado ás fotografías persoais e ós textos sobre a vida e o traballo de Gloria Sánchez, os libros da cal tamén están expostos. A profesora e escritora recibirá unha homenaxe o 5 de marzo, coa participación do profesor, escritor e crítico literario Miguel Vázquez Freire e a actuación, precisamente, do grupo Mamá Cabra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email