Inauguramos a canle de vídeos de música Sonárboretv

Categoría: Nova

Dende hai uns días está activo en youtube a canle Sonárboretv á que podes acceder directamente dende o banner instalado na nosa web, ou, directamente, poñendo "Sonárbore" nos buscadores de Internet.
A canle nace coa idea de proporcionarlle un espazo único aos moitos clips que estamos a facer relacionados cos libro-discos que publicamos na colección Sonárbore.
Polo de agora, deixamos aí os correspondentes aos traballos 'Bicos de música' de Mamá Cabra e 'María Fumaça'.
Nos próximos días iremos incorporando outros doutras producións.
Unha proposta, interactiva, dinámica e divertida, para seguir cantando e bailando. Esa é a filosofía que inspira a colección e que agora, dende esta nova plataforma, se prolonga en novas formas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email