BASES PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2020

PRIMEIRA. Poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos, na data de entrada en vigor da convocatoria, que presente a súa obra en lingua galega conforme as normas ortográficas vixentes.

Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Non puideron ser sido publicados ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico, nin premiados, en data anterior á resolución do xurado.

Os textos han ter unha extensión mínima de cen (100) páxinas, tamaño DIN A4, fonte Calibri, tamaño doce (12), interliñado dobre (2), impresas polas dúas caras, e numeradas. Os textos levarán no encabezamento o pseudónimo da autora ou autor e o título da obra.

SEGUNDA. De cada obra achegaranse seis copias en papel impreso a dobre cara e debidamente encadernadas, e outra en soporte dixital (pendrive) nun documento de procesador de textos.

Co texto en papel e en formato dixital, xuntarase un sobre pechado co nome do relato e o pseudónimo elixido escrito por fóra. No seu interior incluiranse os seguintes datos: nome e apelidos da autora ou autor, enderezo postal, correo electrónico, teléfonos de contacto, copia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residente.

TERCEIRA. Os textos enviaranse por correo postal, nun sobre ou paquete pechado sen remite ou calquera indicación que permita identificar a súa autoría. Só figurará PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2020, e o enderezo de destino:

 

 Premio Viadutos de Novela 2020

Departamento de Xuventude

Edificio Multiusos da Xunqueira

Paseo da Xunqueira s/n,

36800 Redondela.

 

A recepción de orixinais remata o día 31 de marzo de 2020.

CUARTA. Concederase un único premio en metálico, indivisible, por unha contía de 3.000 euros.

QUINTA. O Xurado, nomeado polo excelentísimo Concello de Redondela, estará composto por cinco persoas relacionadas co mundo da cultura, lingua e literatura galegas. Unha delas en representación da Editorial Galaxia. Actuará como secretaria/o, con voz e sen voto, persoal técnico da Concellería de Xuventude do Concello de Redondela. O premio adxudicarase á obra que por unanimidade, ou no seu defecto por maioría de votos, o xurado considere merecedora do mesmo. O xurado poderá declarar o premio deserto, para tal caso a decisión terá que adoptarse por unanimidade. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer durante o mes de xullo de 2020.

SEXTA. A obra premiada será editada e comercializada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria. Segundo Convenio asinado co Concello de Redondela, a Editorial Galaxia en calidade de entidade colaboradora terá o dereito de publicación da primeira edición e reimpresións, así como os dereitos preferentes de publicación en lingua galega. Todo iso sen menoscabo dos dereitos morais e patrimoniais da gañadora ou gañador do premio.

Sobre calquera controversia atenderase ao regulado na Lei da propiedade intelectual vixente.

SÉTIMA. Os orixinais non premiados poderanse recuperar pasado un mes desde o veredicto do xurado. Transcorrido o prazo, serán destruídos.

A participación neste premio implica a completa aceptación das presentes bases e da decisión do Xurado, que será inapelable.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR