BASES

1º Poderán concorrer ó premio tódalas autoras e autores de calquera nacionalidade que presentaren os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas vixentes Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As obras deberán ser inéditas e non premiadas.

As persoas participantes deberanse atopar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non estar incursas en ningunha das exclusións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

2º As obras poderanse presentar en papel ou en formato dixital (en formato .doc, .odt ou .pdf), preferentemente en soporte CD, no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal ou na sede electrónica (https://apobra.sedelectronica. es). Tamén por correo ordinario, mensaxaría ou en calquera dos rexistros pú- blicos segundo o estabelecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido ó seguinte enderezo:

Concello da Pobra do Caramiñal

III Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Rúa Gasset, 28

15940 – A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

A presentación realizarase en 2 sobres pechados ou 2 arquivos dixitais co seguinte contido:

  • SOBRE 1:

No exterior do sobre transcribirase o seguinte:

“Sobre nº 1. III Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Concello da Pobra do

Caramiñal” e mailo título da obra

No interior do sobre incluirase a obra que no caso de se enviar en soporte papel se presentará por triplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A4, e impresos polas dúas caras. Ademais deberán estar numerados, grampados ou encaderna- dos. De se presentar en formato dixital, farase así mesmo por triplicado (3 CD).

En calquera soporte que se presentar, na portada indicarase: “III Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil”, o título da obra e o lema ou pseudónimo.

  • SOBRE 2:

No exterior do sobre transcribirase o seguinte:

“Sobre nº 2. III Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Concello da Pobra do

Caramiñal”, e mailo título da obra.

No interior do sobre incluirase a seguinte documentación:

a) Solicitude de participación no “III Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro,

Concello da Pobra do Caramiñal” e maila autorización para que o Concello poida recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Seguridade Social os datos que acrediten que a/o participante está ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o modelo oficial que se pode atopar na web do Concello da Pobra do Caramiñal, de Barbantia ou da editorial Galaxia

b) Documento acreditativo da identidade (copia do DNI, pasaporte ou NIE) da persoa autora

3º O prazo de recepción de orixinais remata no día 30 de setembro de 2020.

4º A obra que optar ó premio deberá responder á extensión habitual dos libros pensados para a literatura infantil axustándose á idade á cal vai destinado.

5º O premio, que poderá quedar sen outorgar, se o xurado estimar que ningunha das obras presentadas acada a suficiente calidade literaria, considerará unha única obra gañadora, á cal se lle asigna unha dotación económica de 1500 euros.

Para tal efecto, existe consignación orzamentaria suficiente na aplicación 334.48300 do orzamento municipal para o ano 2020.

O premio estará suxeito ás retencións fiscais que correspondan.

As obras premiadas serán publicadas na colección Árbore da editorial Galaxia.

A persoa autora das obras premiadas comprométese a participar nos actos de promoción que a editorial organizar e tamén a realizar unha presentación no Concello da Pobra do Caramiñal.

6º O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil, unha delas da propia editorial. Ademais constará dun secretario/a, con voz, pero sen voto. As decisión do xurado serán inapelábeis.

7º O ditame do xurado darase a coñecer no día 30 de outubro, e a entrega do premio será no día 20 de novembro de 2020.

8º As obras non premiadas non serán devoltas. A partir do día seguinte á deliberación do xurado serán destruídas.

9º A presentación a este concurso literario non xera dereito ningún ás persoas participantes ata que for resolto polo xurado e outorgado o premio por unha resolución da Alcaldía do Concello da Pobra do Caramiñal. A presentación dos orixinais a este concurso literario supón a aceptación das presentes bases e o compromiso do/a autor/a de non retira-la obra antes do ditame do xurado, acepta-lo premio se lle for concedido, ou reintegralo de non se cumpriren os requisitos que se estabelecen na convocatoria.

O incumprimento dun ou varios apartados destas bases implicaría a automática exclusión da obra presentada.

Podes descargar aquí o díptico coas bases.

E a solicitude de participación aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR