Entrega do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro na Pobra do Caramiñal

Categoría: Nova

O día 21 de novembro, ás 20:30 h, celebrarase, no Auditorio do Museo Valle Inclán, a entrega do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Na cerimonia intervirán Patricia Lojo, concelleira de Cultura, Francisco Castro, Director Xeral de Editorial Galaxia, Isabel Santos, A.C. Barbantia, Xosé Antonio Neira Cruz, gañador do premio e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro.
Haberá unha conferencia sobre A Narrativa de Carlos Mosteiro con Pilar Sampedro.
Tamén se celebrará a actuación musical da Escola de Música da Pobra do Caramiñal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email