I figli di Bakunin

Categoría: Nova

Nas vésperas do Día das Letras Galegas, e neste intre de artificial conflito arredor da fala nosa, cómpre que celebremos como é debido a aparición en italiano dunha novela escrita en galego por un dos escritores galegos máis traducidos da actualidade, sobre todo pola súa novela 'As rulas de Bakunin', bendicida no seu día polos premios, como o García Barros, a crítica, e, sobre todo, polos lectores e lectoras (tamén como texto complementario na asignatura de Historia en Bacharelato).
A novela sae publicada por Edizioni dell Urogallo, aínda que xa antes vira edicións en portugués (2006) e en castelán (2009).
Sen dúbida, unha gran nova para a nosa literatura, para as nosas letras, e tamén para a nosa editorial.
No pórtico dun dos días grandes da cultura galega, celebramos este éxito de Antón Riveiro Coello.

Comparte nas túas redes sociais ou por email