Hoxe, 29 de xaneiro, hai 121 anos nacía Rafael Dieste Gonçalves, escritor republicano galego do exilio. É autor de obras de narrativa, teatro e ensaio e pertence á chamada xeración das vangardas, que deu un novo impulso ás artes galegas. Os seus contos, recollidos boa parte deles en Dos arquivos do trasno, e as súas obras de teatro como A fiestra valdeira supoñen un esforzo importante por modernizar a literatura galega. En ambos xéneros destacou como un dos talentos máis decisivos para a evolución das letras galegas do século XX.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR