Hoxe, hai 30 anos que nos deixou Ricardo Carvalho Calero

Categoría: Nova

Un 25 de marzo, coma hoxe, hai 30 anos que nos deixaba Ricardo Carvalho Calero, unha figura senlleira do galeguismo á que, este ano, a Real Academia Galega declara como protagonista no Día das Letras Galegas.
Exerceu como catedrático de Lingüística e Literatura Galega e tamén cultivou o seu interese polo mundo da escrita. Foi membro da Real Academia Galega. A partir de 1970 foi o principal teorizador e defensor das teorías do reintegracionismo lingüístico co portugués como vía para a normalización do galego.
Co gallo do Día das Letras Galegas, dende a Editorial Galaxia publicamos títulos seus como A xente da barreira, así como outros vencellados á súa figura: Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, de Henrique Rabuñal ou Conversas con Ricardo Carballo Calero, de Carmen Blanco.
En canto finalice este período de confinamento e volva a normalidade, a Editorial Galaxia publicará o resto dos libros do autor, e relacionados co autor, previstos no seu Plan de Edicións.

Comparte nas túas redes sociais ou por email