Hoxe, Francisco Fernández del Riego cumpriría cen anos

Categoría: Nova

No 2012, a Editorial Galaxia abriu un espazo web como homenaxe a Carlos Casares co gallo dos dez anos do seu pasamento. Desta volta,hoxe 7 de xaneiro, a editorial vai homenaxear a un dos seus fundadores, Francisco Fernández del Riego, coa apertura dun blog ao que se accederá dende a web de Galaxia (http://www.editorialgalaxia.com) e no que se recollerán toda clase de materiais de e sobre a súa figura e obra.
Así, durante os doce meses deste ano iranse publicando artigos, estudos, reseñas bibliográficas e incluso artigos do propio del Riego que sorprenderán pola súa actualidade e interese.
Será o primeiro das moitas accións que dende a Editorial Galaxia desenvolveremos para homenaxear a un home sen o que non se podería entender Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email