Homenaxes a Rei Ballesteros e Díaz Pardo

Categoría: Nova

Venres e sábado van ser dous días intensos en recoñecementos a persoeiros esenciais da literatura galega. Por unha banda, ao chorado Anxo Rei Ballesteros e, por outra, ao sempre lúcido e activo Isaac Díaz Pardo.
Así, hoxe ás 20.30, no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, darán comezo unha serie de actos, que se desenvolverán durante os vindeiros venres, arredor da figura e da obra de Anxo Rei Ballesteros.
O programa previsto para hoxe contempla as seguintes actividades:

-20:30 horas. Inauguración das xornadas, coa presenza de Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia; Isaac Maceiras Rivas, alcalde d´A Pobra do Caramiñal; e Carlos Fernández, escritor e crítico literario.

-21:00 horas. Conferencia de Carlos Fernández, baixo o título "O home que disparaba contra os reloxios."

-21:40 horas. Presentación do ensaio 'Urda e Mundo', de Carlos Fernández e Anxo Rei Ballesteros, XXI Premio Ánxel Fole, Fundación Caixa Galicia.

Por outra parte, o sábado, Isaac Díaz Pardo será recoñecido como 'Chairego de Honra' na Igrexa de San Alberte de Guitiriz.
No acto que está previsto para as 12 horas, terá lugar unha táboa redonda coa intervención de: Martiño Noriega, Andrés Varela, Ramón Villares, Carme Blanco, Felipe Senén, Xosé Ramón Fandiño.

Posteriormente haberá un Xantar de Irmandade no Hostal A Casilla, Guitiriz.

Unha fin de semana intensa para loar a dous importantes e grandes de Nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email