Homenaxe póstuma a Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

Categoría: Nova

Tiña que ser, tamén, unha homenaxe en Lourenzá para don Paco, o home que, nos duros días da escuridade franquista asinaba moitos dos seus traballos baixo do nome Salvador Lorenzana. Un intelectual que, a pesares de facer gran parte da súa vida en Vigo, nunha esqueceu a súa terra de orixe.
Próximo a cumprirse o cabodano do seu pasamento, o seu concello natal distíngueo cun recoñecemento póstumo no que o nomeará Fillo Predilecto.
Como o é no corazón de todos os galegos e galegas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email