O creador de Balbino sigue sumando homenaxes neste ano no que se cumpre medio século da publicación de 'Memorias dun neno labrego'.
Nesta ocasión, a homenaxe corre a cargo da Liga Estudantil Galega de acordo ao seguinte programa:

Terza (martes) 12 de abril

9:30-10:00 Presentación da Homenaxe
Ernesto González, decano da Facultade de Filoloxía e membros da Asemblea de Filoloxía da Liga Estudantil Galega

10:00-11:00 Contexto político e social na creación e difusión das Memorias
Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea pola USC e presidente do Consello da Cultura Galega

11:00-12:00 X.N.V. Memorias dun emigrante (documentario)

12:00-12:30 Descanso

12:30-13:30 A importancia da laboura cultural na construción nacional
Rafa Villar, poeta e membro do Batallón Literario da Costa da Morte

13:30-14:30 A traballo cultural galego no exilio americano
M. Anxo Seixas Seoane, Viicepresidente da Fundación Castelao

16:00-17:00 Percurso pola obra literaria de Neira Vilas
Dolores Vilavedra, profesora de literatura na USC e precursora dos estudos sobre o autor

17:00-18:00 Aproximación ás Memorias dun neno labrego
X. Luís Axeitos, investigador especialista en literatura galega contemporánea e membro da RAG

18:00-18:30 Descanso

18:30-19:30 O rural galego. Oportunidades de futuro
Carme Freire Cruces, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego

19:30-20:30 Novos xeitos de cultura, punk en galego: O leo i Arremecághona

Cuarta (mércores) 13 de abril

10:00-11:00 Do pulo xornalístico de Neira Vilas no exilio ao feche de A Nosa Terra, Vieiros e A Peneira
Luís A. Pousa, profesor de Xornalismo Especializado na USC

11:00-12:00 Os galegos e a Revolución Cubana
Lois Pérez Leira, autor de Cuba, os galegos e o che

12:00-12:30 Descanso

12:30-13:00 Recitado de poemas e fragmentos da obra de Neira Vilas

13:00-14:00 A lingua: alicerce de identidade. Perspectivas de futuro
Henrique Monteagudo, profesor de sociolingüística na USC

16:00-17:00 Falando con Neira Vilas. Coloquio co escritor

17:00-20:30 Homenaxe a Xosé Neira Vilas
Presentado por Isabel Risco, actriz galega

Galaxia: Victor Freixanes, director da editorial
RAG: Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da institución

Recital poético musicado, Lucía Aldao e María Lado

Literatura para nenos: Marilar Aleixandre, escritora
Referente para os novos: Rosa Aneiros, escritora

Actuación musical de Mini e Mero

Para máis información: http://homenaxeaneiravilas.blogaliza.org/ ou chamando ao 617112840

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR