Homenaxe a Neira Vilas na Forxa Literaria

Categoría: Nova

A úndécima edición da Forxa Literaria-Encontros Culturais no Rural celebrarase esta fin de semán. Unha forxa na que se tributará homenaxe ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas. Na xornada haberá unha mesa redonda na que intervirán o propio Neira Vilas xunto a Alonso Montero, Valentín García, Cándido Pazó, Xosé Luna, Rosario Golmar e Xosé Luis Reimóndez. A primeira xornada da forxa proseguirá co descubrimento dun bronce coa figura de Neira Vilas, autoría de Paco Lareo, que deixou feito en vida para esta homenaxe. Interpretaranse as Muiñeiras de Neira Vilas e de A Solaina, haberá poesía de Rosalía Morlán e Loli Veloso e concertos de Mini e Mero, Manoele de Felisa, Xosé María Varela xunto á actriz Tamara Lema e Alba Costa; para rematar cun ágape agasallo de Siro. O sábado, á mesma hora, abrirase a forxa cun recital músico poético con intervencións de Alba Payo, Andrea Porto, Carlos Negro, Celso Fernández, Cristina Gende, Iria Pedreira, Lucía Aldao e María Lado. O grupo de clarinetes de Lalín, os Hadhietxekos, porán as notas músicais do día.
Haberá un ágape para pechar os encontros

Comparte nas túas redes sociais ou por email