Homenaxe a Neira Vilas en Sanxenxo

Categoría: Nova

Velaquí algunhas fotos da Homenaxe a Xosé Neira Vilas celebrada en Sanxenxo o pasado venres, día 10, e organizada por un equipo no que colaboraron os centros participantes no VII Certame Literario (IES de Sanxenxo, IES de Vilalonga, CEIP A Florida, CEIP de Dorrón e CEIP de Portonovo) xunto coa rede de Bibliotecas Municipais do Concello de Sanxenxo.

No acto, no que tamén se entregaron os premios do Certame Literario a alumnas e alumnos dos anteditos centros, interviron as poetas María Lado e Lucía Aldao, e o autor de 'Memorias dun neno labrego', que mantivo un coloquio coas máis de catrocentas persoas que enchían o Auditorio Municipal.

Profesores dos centros de ensino público, familares de alumnos, autoridades locais, Federación de ANPAS O Con, librería Nós e Editorial Galaxia acompañaron a Neira Vilas nesta homenaxe, realizada co gallo dos cincuenta nos da publicación do seu libro. Unha exposición de debuxos sobre Balbino, protagonista da novela, e das cartas dirixidas por alumnos e alumnas a Neira Vilas ateigaba o vestíbulo do auditorio a carón dunha selección das diferentes edicións da novela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email