Homenaxe a Marilar Aleixandre no Salón do Libro de Pontevedra

Categoría: Nova

Como todos os anos, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil homenaxea a un autor ou autora a quen se lle recoñece toda a súa traxectoria. Durante todos os días de celebración do Salón, exhíbense distintos elementos relacionados coa súa obra e traxectoria, no caso de Marilar Aleixandre, moi profunda tanto a nivel de literatura infantil e xuvenil como noutros eidos como son a literatura para adultos, a poesía, e incluso o ensaio.
Este sábado, a LIX galega deste país renderase ao talento inmenso de Marilar Aleixandre.

Comparte nas túas redes sociais ou por email