Henrique Monteagudo ingresa na Academia

Categoría: Nova

Este sábado 25 de febreiro ás 12 da mañá celebrarase o acto do ingreso na Real Academia Galega do profesor e codirector da Revista Grial, no Paraninfo da Universidade de Santiago (Facultade de Xeografía e Historia, Praza da Universidade), Henrique Monteagudo. O seu discurso titularase "Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística", que responderá Rosario Álvarez Blanco. O acto é aberto e o acceso libre.
Henrique Monteagudo, membro da gran familia de Galaxia, desenvolverá, estamos certos, un gran e fecundo traballo dende a Academia. Para el a mellor das sortes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email