O premio concédese anualmente a aquelas persoas que contribúen decisivamente co seu traballo creador a desenvolver os valores culturais, científicos ou humanos ao redor do mundo.
O presidente da Generalitat será o encargado de entregar o galardón nunha cerimonia que terá lugar no Palau da Generalitat o próximo 9 de xuño.
A Editorial Galaxia lanzou en febreiro de 2011, con gran éxito de crítica e público, '1Q84' (Libros 1 e 2).
«Síntome moi honrado por ser elixido gañador do Premi Internacional de Catalunya deste ano. Con todo, lamento ter que dicir que non podo sentirme plenamente satisfeito con esta honra, pois os meus compatriotas están a pasar por un momento moi difícil debido ao sufrimento que neles provocaron o feroz terremoto e as súas consecuencias. Nestes momentos non teño unha idea exacta do que nos deparará o futuro, nin de que tipo de contribución poderei facer para axudar ao meu país. Espero que este premio, e o recoñecemento do meu traballo por parte do pobo de Cataluña, poidan, en certa maneira, alentar aos meus compatriotas. Supoño que, nestes momentos tan arduos, necesitamos todo o ánimo e alento que podamos recibir. Moitas grazas.»

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR