Haruki Murakami, candidato ao Premio Príncipe de Asturias

Categoría: Nova

O autor xaponés, de quen publicamos en Galaxia a súa obra, está hoxe na lista de escritores finalistas para afacerse cun dos galardóns máis cobizados da literatura mundial, o Príncipe de Asturias das Letras 2012. O premio fallarase durante a xornada de hoxe en Oviedo.
Murakami (1949) é un dos grandes referentes da literatura actual e está traducido a máis de corenta idiomas, entre outros, á nosa lingua.

Comparte nas túas redes sociais ou por email