Editorial Galaxia vén publicando, en colaboración con Ediciones Salamandra de Barcelona, a serie Harry Potter en lingua galega. A última entrega, Harry Potter e as reliquias da morte, está a ser traducida por Laura Sáez, quen tamén prepara a tradución de Harry Potter e a Orde do Fénix. Carlos Acevedo é o tradutor de Harry Potter e o misterio do príncipe.

Este último libro narra os acontecementos que seguen directamente ao libro anterior: Harry Potter e o misterio do príncipe, e conclúe co enfrentamento final, largamente esperado, entre Harry Potter e o mago Lord Voldemort. Éste é o único libro da serie que non inclúe algún comentario da crítica no interior de la portada, na que en cambio se pode ler: "We now present the seventh and final installment in the epic tale of Harry Potter."

Con estas novas saídas editoriais no ano 2008 Editorial Galaxia presenta en lingua galega a serie completa do popular personaxe. O compromiso entre os editores é ofrecer aos seus lectores as obras ao mesmo tempo nas tres linguas, de xeito que os lectores galegos poidan acceder á novela J. K. Rowling nas mesmas datas que calquera outro lector do estado español. Este á a filosofía na que Editorial Galaxia vén desenvolvendo a súa política de traducións nos últimos anos. As novelas de Paul Auster, Martin Amis, Andrea Camilleri, Daniel Kehlmann están a ser publicadas á par que as outras linguas europeas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR