A Gramola Gominola gaña o Premio Martín Códax de música infantil 2018

Categoría: Nova

Máis de 700 persoas ateigaron onte o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para coñecer as gañadoras e gañadores dos Premios Martín Códax da Música 2018. Entre os finalistas, unha categoría na que Galaxia tiña especialmente posta os ollos: a de música infantil. Alí, optaban ao premio tres dos traballos publicados na colección Sonárbore en 2017: Pitusa Semifusa e os estilos musicais de Olga Brañas, Pakolas de Paco Cerdeira e Cancións para desafinar de A Gramola Gominola. Finalmente, foi este último o libro+cd gañador. A Gramola Gominola, integrada por Paco Cerdeira, Anxelo de Xermar, Ro Muñoz e Paula Romero, consegue así un dos galardóns máis importantes do panorama musical galego, e a colección Sonárbore consolídase como un selo de referencia na música infantil.
Parabéns de novo aos finalistas e veña todos a cantar e bailar cos gañadores!

Comparte nas túas redes sociais ou por email