Gastronomía e teatro na Coruña este xoves

Categoría: Nova

Este xoves tres libros da Editorial Galaxia protagonizarán as presentacións da Feira do Libro da Coruña.
Por unha banda presentaremos, ás 19 horas, dous libros de teatro pensados para os máis pequenos da casa. A nosa editorial está apostando moi forte polo teatro infantil e vén de publicar AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA, de Raquel Castro e MOITO MORRO CORPORATION SOCIEDADE ILIMITADA de Carlos Labraña. No acto do xoves representarase unha pequena peza desta última obra e estarán presentes autora e autor así como o editor dos libros, Francisco Castro.
Logo, ás 19.45, o cociñeiro do programa LARPEIROS, Benigno Campos, na compaña do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, presentará o seu novo receitario PEIXES E MARISCOS, un mollo de saborosas receitas centradas no mundo do mar e as súas case que infinitas posibilidades culinarias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email